Ela vístese de negro outra vez namentres eu observo dende o meu balcón como volve a caer no mesmo. Un papel de prata, un mechero, e volve a rodear de negro a súa vida. Coma un espectador nun concerto síntome partícipe dela non impedindo tal acción. Ela volve pra casa, eu a vexo, practicamente non é quen de dar un paso. Os seus ollos que foron denostados e demacrados por ese ser que lle deu a primeira papelina. Non fala con ninguén e apenas se lle coñecen amig@s, se ben algún que outro camello que lle colma as súas necesidades sexuais e pouco máis.
Sen rumbo, sen vida cotidiana, coa prata queimada no salón da súa casa, e eu sigo vendo pola miña terraza como se escoita zoar o vento, que semella un pequeno lamento sen moita distorsión, "Que che pasou muller para estar así?"
Ela era aficionada á pintura non moito atrás. As paisaxes que pintou noutro tempo con montañas nevadas e lindos prados deixan paso a figuras deformes dignas de verdadeiros rompecabezas que ocultan as máis escuras accións do ser humano.
O futuro non é outro que a lápida, o R.I.P, xa que hai veces que cando unha persoa non quere vivir, e mellor non estropear a visión que unha persoa pode ter dende un balcón dunha casa.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Que mágoa...
Enviar um comentário