quarta-feira, 31 de janeiro de 2007

Fe

"Se Deus confunde o medo a morrer cunha especie de amor hacia el debe ser tonto do cú".

Buddy Bradley

terça-feira, 30 de janeiro de 2007

Coa mente en negro

Cando unha persoa ten a mente en "branco", esta palabra, fai mención a que non ten ningún pensamento durante un determinado momento de tempo. Digamos que se branco é un lado eu estou xustamente no outro lado agora mesmo, vamos, negro. Que si, que podería decir que teño a cabeza chea de recordos, pero bueno, teño a mente en negro e punto.

Aproximadamene hai xusto un ano plantei os estudios de xeografía buscando atopar revitalidade na miña vida. Moitos proxectos choveron dende aquela, redactor dunha páxina, colaborador na radio e incluso cunha pequena participación en "hacienda" pechan un ano, que empezou moi negativo e rematou normal.

Sumido na inmensidade do caos diario procuro asumir as dificultades que conleva a vida, non está sendo nada fácil.

Cada canción que pasa polo winamp recórdame a unha etapa do meu tempo, cando me refuxiaba nunha letra coa que me identificaba e a poñía unha e outra vez pra desesperación familiar e alivio meu. Curioso como é a mente que incluso nos momentos de máis fraqueza atopa cousas coas que sair adiante.

pasamos da letra de "una foto en blanco y negro" que si, que non é nada boa, seino, máis tenme un significado moi especial, concretamente de xuño do 2004. Seguindo con Twisted Sisters - I wanna rock que me recorda a cando era feliz saíndo polas noites a outras máis novas como "espectáculo" de I.Ferreiro.

Hoxe máis que nunca síntome un inadaptado. O mellor de todo é que penso que o meu compañeiro e socio do blog síntese igual de (in)útil.

Nós, non pedimos comprensión, incluso ás veces permitiremos que se nos critique. Pero nos momentos que máis afundidos estamos, só vos sirve que intentedes "Walking In My Shoes", outra canción, como non!

E a letra vai por Termi ;-)

I would tell you about the things they put me through
The pain I've been subjected to
But the Lord himself would blush
The countless feasts laid at my feet
Forbidden fruits for me to eat
But I think your pulse would start to rush
Now I'm not looking for absolution
Forgiveness for the things I do
But before you come to any conclusions
Try walking in my shoes
Try walking in my shoes
You'll stumble in my footsteps
Keep the same appointments I kept
If you try walking in my shoes
If you try walking in my shoes
Morality would frown upon
Decency look down upon
The scapegoat fate's made of me
But I promise now, my judge and jurors
My intentions couldn't have been purer
My case is easy to see
I'm not looking for a clearer conscience
Peace of mind after what I've been through
And before we talk of any repentance
Try walking in my shoes
Try walking in my shoes
You'll stumble in my footsteps
Keep the same appointments I kept
If you try walking in my shoes
If you try walking in my shoes
Try walking in my shoes
Now I'm not looking for absolution
Forgiveness for the things I do
But before you come to any conclusions
Try walking in my shoes
Try walking in my shoes
You'll stumble in my footsteps
Keep the same appointments I kept
If you try walking in my shoes
You'll stumble in my footsteps
Keep the same appointments I kept
If you try walking in my shoes
Try walking in my shoes
If you try walking in my shoes
Try walking in my shoes

domingo, 28 de janeiro de 2007

Amor de inverno

Puxéchesme entre a espada e a parede, eu quería fuxir e escollín a espada... E sangramos, xuntos, outra vez. Querías algo formal pero as cousas cambiaron, nada é para sempre, que triste pero que certo.

Non sei se fixen ben ou mal pero perdín moita da confianza que tiña en ti e non podía, inda que o desexaba. Es tan guapa que a veces lévasme polo camiño que queres, tan carismática que case nunca che digo non... Pero creo que este ciclo acabouse xa fai uns anos.

Unha mágoa.

Sempre recordarei que fixeches que os meus dezaseis anos foran unha das épocas máis marabillosas da miña vida. E inda que non sexa do mesmo do xeito sígoche querendo.

Gustaríame cerrar este post cun "Sempre teu"

Pero non podo.

Solteiros

Está agora mesmo soando Bachelorette de Bjork. Curiosamente entereime recentemente de que o título e a canción falan da soltería. Curiosamente tamén os inadaptados temos a capacidade de seren solteiros case case de por vida.

Ben é certo que temos esas persoas que posiblemente nunca saberán de que xeito as temos no noso corazón -que por certo é moi grande e ten amor para moitas mulleres de aquí e de alá-.

Deberianos de pagar por esta ben prezada por algúns "soltería". Estaría ben que se lle pagara unha pequena cuota ós inadaptados ó amor, poque as penas con pan, sonche menos penas. O certo e que non se pode encher o corazón con cartos, pero algo axuda, non si?

pero bueno, un día atoparei un libro na rúa, tera milleiros de páxina máis non habera ningunha escrita. Ese libro será a historia da miña vida e serei capaz de escribilo eu de porlle o broche de ouro e de escribir con letras grandes e en maiusculas que son un prezado inadaptado dos dous que hai no mundo mundial.

sábado, 27 de janeiro de 2007

Nacidos para perder

Nacidos para perder, así rezarán os nosos epitafios... Porque ninguén confía en nós, ninguén nos sigue, non temos carisma pero polo menos poñémoslle ganas, perdedores si pero loitadores tamén, nunca gañaremos a Liga pero ahí estamos dando a machada contra os grandes, factor sorpresa dirán uns, sorte dirán os outros pero nós sabemos que non é así, nós temos sangue de loitadores nas nosas venas. E inda que nacimos para perder, debedes ternos en conta, eres ti John Wayne ou o son eu?, máis vale que non nos infravaloredes, algún día gañaremos, xa o fixemos, repetiremos e ahí estaremos para roubarte a moza ou que cadre porque nós, nós somos os inadaptados.


TeRMi

sexta-feira, 26 de janeiro de 2007

O Comezo Dunha Longa Amizade

Como empecei a coquetear amistosamente con semellante elemento?? é algo do que xa case non me lembro. A cousa e que chegamos a un punto de bo entendemento, incluso conversas a altas horas da madrugada moi interesantes. Debatiamos sobre todo e inda que teñamos puntos nos que estamos en desacordo case sempre chegamos a boas conclusións e bastante positivas pra nós. E digo nós porque pra moitas cousas formamos unha soa persoa, nós somos os inadaptados que vemos coma os cabróns levan os vítores de campións diante da xente, nós somos os que reclamamos un espazo prao home "non machito", nós somos os que decidimos conxuntamente levar isto adiante e moi posiblemente nós decidiremos cando debemos rematar esta aventura.

O paso do tempo fura montañas por onde logo pasarán rios, as palabras as leva o vento, pero ó escribir temos a posibilidade de perdurar os nosos sentimentos. O meu sentimento agora é dunha grande emoción porque empezo un proxecto coa mellor persoa como "Socio"

Vai por ti, Termi ;-)