Como empecei a coquetear amistosamente con semellante elemento?? é algo do que xa case non me lembro. A cousa e que chegamos a un punto de bo entendemento, incluso conversas a altas horas da madrugada moi interesantes. Debatiamos sobre todo e inda que teñamos puntos nos que estamos en desacordo case sempre chegamos a boas conclusións e bastante positivas pra nós. E digo nós porque pra moitas cousas formamos unha soa persoa, nós somos os inadaptados que vemos coma os cabróns levan os vítores de campións diante da xente, nós somos os que reclamamos un espazo prao home "non machito", nós somos os que decidimos conxuntamente levar isto adiante e moi posiblemente nós decidiremos cando debemos rematar esta aventura.
O paso do tempo fura montañas por onde logo pasarán rios, as palabras as leva o vento, pero ó escribir temos a posibilidade de perdurar os nosos sentimentos. O meu sentimento agora é dunha grande emoción porque empezo un proxecto coa mellor persoa como "Socio"
Vai por ti, Termi ;-)
sexta-feira, 26 de janeiro de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Socio... xD
Esperemos que este blog de moito de si, e digo o blog porque sei que nós imos a dalo todo. E iso que eu é o terceiro blog no que aprticipo á vez e dentro d epouco o cuarto. :D
Saúdos meu, imos darlle ben.
E agora un portuguesismo dos que te molan:
"É só curtir!!!".
;) Saúdos. Imos romper!
Enviar um comentário