quinta-feira, 24 de maio de 2007

Imos aló!

Despois de anos e anos aprendendo a pranchar ben unha camisa, un créese que xa alcanzou tal punto de erudición que non lle fai falla ler nada máis, que xa o sabe todo. Entón é cando a correa acórtase, baixo e volvo a ter o pés na terra.

A intensidade e gravamen da hostia depende do alto que un queira creerse as cousas!

E sei que só teño que esperar un pouquiño para estar máis ben (aínda máis). Cando marche o frío, cando veña o meu verán.

Hai que ir pouco a pouco e non polas nubes... ;)

domingo, 13 de maio de 2007

Os Inadaptados Seguen Vivos

As consecuencias do pasotismo de ámbolos dous escritores puideron ser dun grave diagnóstico. Afortunadamente á fin dos actos feitos con boa vontade, hai recompensas.

A vida non dura tanto coma queremos seguramente, incluso atreveríame a dicir que dura máis do que tamén outros queren. O único que podo garantir é que a vida nunca dura o que un quere.

Os inadaptados están a pasar por épocas diverxentes. Un arriba e outro abaixo, e quizais esta diferenza dende o punto de vista anímico sexa unha das principais causas desta "desbandada xeral".

Bueno, estamos en tempo de campaña electoral así que vou a soltar o meu discurso de promesas se algún lector, que non sexa o meu compañeiro de mesa, deixa un só comentario:

- Prometo ser fiel ós estatutos dos Inadaptados, que aínda que non o creades temos 5 artigos perfilados e un esbozo de "logo".

- Prometo ser máis positivo no aspecto de ver a vida.

- Prometo que vou ir a Baiona antes de que remate o verán que aínda no comezou.

- Prometo se ven "La Pantoja" á Coruña, ir a un concerto dela e tirarlle un ovo á cabeza.

- Prometo coidar deste blog para que non morra

- Prometo escoitar unha vez por semana a Termi sentenciando con algo de unha palabra ou o que sexa.

- Prometo... seguir sendo eu mesmo toda a miña vida e morrer igual que agora (pero dentro de 500 anos, espero).


Mirade cantas promesas, bueno máis unha.

- Prometo que agora que estou a escribir esto estou sereno total sen a influencia de drogas ou alcol xD.

Bueno como diría Peman. "isto é todo, boas noites e atamañá"

quinta-feira, 10 de maio de 2007

Isto Debería Rematar Aquí (eiquí)

As cousas acaban como comezan, cun sentimento de rareza, estraño, diverxente, utópico, luminoso...

O ciclo en tódolos sentidos chega a súa fin, unha vez máis, pero agora a sartén polo mango a teño eu, espero. Levo moito tempo sen escribir, sinto non facelo máis a cabeza non me da máis dende hai certo tempo.

O curso, as redaccións "obrigatorias" máis ou menos semanais e demais cousas réstanme a vontade de deixar unhas palabriñas aquí. Que conste que houbo xente que me pediu que volvese a escribir e todo.

Cada día que pasa vexo como se achega a porta do meu destino máis próximo. É coma estar achegándose a unha montaña que sabes que vas ter que subir, ACOJONA.

Esperemos que a porta estea aberta, porque se non, cantarei iso de "y estará cerrado y bla bla bla bla pa pa ra pa pa, na na na, la la ra la, bla bla bla bla ah na ra na ra". :-)