terça-feira, 27 de março de 2007

Talicual

Os inadaptados, obviamente, non se adaptan ao (pronunciase o, xD) medio. Ben, Risco si, pero el era un xenio. Como dicía, non se aclimatan e quizais por iso non teñen tempo para todo o que quixeran, aínda que viven aproveitando ben o tempo en tódalas cousas importantes desta vida. O caso é que non hai tempo e non HAI COMUNICACIÓN. O tema é que non traballamos xuntos xa. O intringulis é que así non imos a ningún lado e o blog menos.

A ver se non traballo moito na Semana Santa e podo darlle un toque a isto en canto deseño e oturas sorpresas.

Aburiño Isidro
(e a todos os que nos ledes, que creo que sodes poucos. ASÍ QUE FACEDE SPAM!! xD).

sábado, 24 de março de 2007

Onde Vou?

Cal camiño teño que escoller na miña...

Afortunadamente despois da semana "dos exames" venme un día de baixón bastante importante.

Non teño ganas de contar nada, pero podería decir un montón de cousas. Podería decir o que dixen, o que me contaron, o ruxe ruxe da sociedade, o alcume da precariedade....

Sinto coma se unha cortina me impide ver o que me vai pasar... e jódeme moito.

Néboa, moita néboa na miña vida

segunda-feira, 19 de março de 2007

Andando en círculos

Hai xente que di que a vida da moitas voltas, e parés que si (se non que mo digan a min). Pero esas longas, longas voltas, que en vez de ser sinuosas e estreitas coma unha estrada que sube a unha montaña, cheo de bucles e rizos imposibles, son máis coma un scaletrix xigante de deseño, voltas e voltas, curvas, oitos, rampas, subidas, na cresta da onda, terrapléns, baixóns, no averno da depresión, pero coma circuito que é, o final remata coa posición de salida. Polo que chego á conclusión de que son circuitos, círculos pechados...


Porque sempre acabo en fronte túa. Xuntos.


Este venres, ti e máis eu, se cadra: FESTA!

domingo, 18 de março de 2007

Sentimentos Encontrados

"...Y yo me muero porque estás con él..."

é un anaco dunha canción de Los Piratas - Oh Nena. Non sei que pasa coa miña vida pero os celos afloran outra vez en min e facía moito tempo que non pasaba.

Non sei que significa, nin que deixa de significar pero sintome traizoado por todo/s. Hoxe revivín algo que non esperaba facelo nunca. "Estiven en tal e vin a tal e estiven moi ben con el etc..." Sombras do pasado e accións semellantes tornan outra vez á miña cabeza.

Sentimentos encontrados, 3 anos máis tarde pero todo sigue sendo igual, ou non, ou se cadra só foi un nexo de unión que lle quixen dar...

" Fuera la vida te espera, yo tengo PACIENCIA..."

terça-feira, 13 de março de 2007

Mitos e Lendas

Procurando unha canción coa que hoxe me sinta identificado, é tan difícil hoxe explicar os meus sentimentos por medio dunha canción... "rescue me" estaría moi ben, se non fora adicada a un deus superior, "stop cryin your heart out" se fora noutra situación.

Cando estamos mal sempre tentamos atopar esa canción coa que sentirnos identificados e coma ese anuncio do coche con mp3 que sae o tio chorando e cantando pois é básicamente o que adoitamos facer... triste pero moitas veces efectivo

Os tio choran, choran como os que máis, tenden a chorar incluso máis que as mulleres, o que pasa é que en secreto, cando ninguén lles ve soltan as primeiras bágoas. Porque claro, se choras diante de alguén non é síntoma de virilidade e entón eso do home forte que rompe cousas, que ten forza, esa mitificación do sexo masculino da especie humano iríase pola alcantarilla.

Por qué desdecir as leis do ser humano entón, para total que o 99% da xente pense coma sempre. "lo que importa es el interior" "yo no me fijo en el físico" "yo no soy nada machista" etc... grandes exemplos dos tópicos humanos

domingo, 11 de março de 2007

Voluntad libérrima

"Nunca fue la nuestra lengua de imposición, sino de encuentro; a nadie se le obligó nunca a hablar en castellano: fueron los pueblo más diversos quienes hicieron suyo por voluntad libérrima, el idioma de Cervantes".

Juan Carlos I, rei de las nuestras Españas. Discurso lido no acto de entrega do Premio Cervantes a Fco. Umbral. Alcalá de Henares, 2001.



Xa non digo os galegos, senón coma dixo un mestre: que pensarán os indios de isto?

Inspiración

Debe ser cousa da chegada da primavera, e xunto con ela os inadaptados sentímonos... non sei como definilo, unha palabra entre temerosos e abraiados. Á expectativa das cousas que podan acontecer ó longo deste 2007.

Antes de nada querería facer regresar esa inspiración que lle falta ó meu compañeiro para escribir, a todos nos pasa, e eu tamén estou na miña propia "crise de indentidade".

A inspiración... como te chega a inspiración? pois ten moi fácil resposta, calquer escritor/poeta, cando escribía, pechaba os ollos e pensaba nesa persoa que lle facía sentir coma ningunha outra. Quizais agora mesmo, nós carecemos de tal musa, ou non, ou non nos chega de todo á patata (corazón).

Lembrome agora cando me inspirei para unha historia de capítulos, vencenllando ó sexismo da sociedade e o maltrato da muller e todo o unificaba cun monte queimado, ollando dende o peirao do porto de, valga a redundancia, Porto Do Son. Naqueles momentos, nos que a miña tristura era bastante máis notable as palabras, frases e incluso poemas emanaban da miña boca coma si foran conversas calquera.

Agora, hoxe en día, preciso un día baixo, un día diferente, para poder pensar o mesmo coa mesma axilidade mental. Pero está a opción de recordar cousas pasadas, de levantar a tirita que aínda cubre o corazón e seguen a pingar gotas de sangue del, é triste pero é así.

Onte quedeime preocupado, porque unha yonki, da cal non sei o seu nome, cambiounos 4 euros por un billete de 5 porque queria conseguir 3,15 "para un taxi" e non fun capaz de deducir uqe tal cuantía xa a tiña, lioume a min, foi coma unha ostia no meu EGO. O máis triste era o tremendo callo que tiña de pincharse na mesma man...

sexta-feira, 9 de março de 2007

A vértixe do escritor ante a páxina en branco

A vértixe do escritor ante a páxina en branco é un eufemismo moi longo para dicir que un escritor non anda inspirado, está escaso de musas ou non ten nada interesante que contar.
Pero a verdade é que teño unha musa que soa moi forte na miña mente e máis intesamente na memoria. Pero xa queda pouco que contar dela, creo que xa se dixo todo e tampouco é plan de raiar (algo moi posible en min).
Xa vai sendo hora de buscar novas aventuras o seu carón e a ela non lle parés disgustar a idea, senón máis ben todo o contrario.
Citámonos para dentro duns días pero eu, ansioso, quero mirala xa.

Preguntándolle ó mencer

hoxe disipei as dúbidas sobre o mencer... hoxe xa sei por onde sae e por onde se pon o sol. É triste, pero a realidade dos feitos non e outra. O sol sae polo E-NE até poñerse no O-NO. Decateime a tempo, pois de tanta exposición o sol podería terme queimado.

Durante meses soñei cun sol "patasparriba", diferente, especial, pero á vez moi simple, sen embargo cando hoxe divisei o solpor entendín a dificultade de cambiar algo que leva moito tempo pasando do mesmo xeito, polo menos dende que o universo é así e a terra formouse.

"No puedo cambiar la dirección del viento, pero sí ajustar mis velas para llegar siempre a mi destino." JAMES DEAM

quinta-feira, 8 de março de 2007

Sentir

"Sinto que sintes que te sinto sentir cando o sentimento sentido sinto, sintome sintomático sentindote sentir"

e iso...

Tonto

Tonto por non saber aquel día o que tiña que decir
Tonto polas veces que te vin e non che dixen "te quiero"
Tonto polos camiños que non souben coller ben
Tonto por non sabercho decir a ti
Tonto por ocultarche o que só ti deberías saber
Tonto por ser así
Tonto porque na vida tenos que haber i eu non son máis
Tonto porque cando me desperto son capaz de pensar en que estarás a facer ti agora mesmo
Tonto porque escribo isto, que non é máis ca unha tontería
Tonto porque se fora listo, probablemente non estaría onde estou
Tonto porque levo tres anos farto de todo, absolutamente de otdo
Tonto porque ás veces non tiven ganas de levantarme da cama
Tonto porque dismo e fas que me sinta especial polo menos ó ler esa palabra
Tonto poque si...

quarta-feira, 7 de março de 2007

Contos Infantís e Películas Irreais

Pois si, he aquí unha dúbida que me carcome casi a diario, ¿por qué as películas até fai uns anos eran todas sobre cousas fantásticas ou boas -agás as bélicas- e sempre tiñan un final féliz?

Cal era o obxecto destas películas, facernos crer que a nosa vida era unha merda e que nunca chegaríamos a ter esa sorte? ou quizais concienciarnos de que podiamos ter unha vida mellor.

Sexa como fora por críticar algo, podería criticar os contos/películas Disney. Onde se viu a "Cincenta" que acababa vestida co príncipie, pero menuda utopía homiño!!! Que si que moitos dirán pois Letizia... LETIZIA MERDA que é máis pija ca filla de Amancio Ortega, agora dirán que é de pobo pq os seus avós viven nunha aldea. POLO CARALLO. e claro isto nós, vémolo cando temos 5-6-7-8 anos e crémonos que en realidade podemos ser unha das personaxes. Claro, logo chegamos a ter 15-16 anos e vemos como está o mundo e levamos unha decepción... ¿ónde se pretende chegar con estas películas? a contarlle ós nenos unha bonita historia para logo que se dean conta que a vida é todo o contrario? non sería máis sinxelo poñer unha historia na que unha "ama de casa" cásase cun "amo de casa"... Ah claro non... iso non vende... esquecíaseme que todo nesta vida basease na "pela". Pois négome a creer iso ou polo menos a aceptalo.

E coma películas irreais poderiamos citar a do "típico feo que como é tan boa persoa que a tía máis guapa do instituto/universidade/colexio fíxase nel"... Alguén dirá que non soñou con que esto fora realidade, ou qeu polo menos a tía que lle gustaba fixéralle algo de caso... polo menos que lle mirase e dixéralle ola, que o trata como unha persoa normal que é...

Que cínica é a sociedade, que cando recrea películas, as recrea dun xeito para crerse que é ela mellor ca o resto, non?

terça-feira, 6 de março de 2007

Sobre de Juana Chaos

O outro día falando con Man, protoavogado, contoume algo interesante...

Lo que os quise comentar el otro dia sobre De Juana es que:

1. Si es cierto que es un brutal asesino también lo es que cumplió su condena,- y por un Código Penal bastante severo como lo era el del franquismo-. Si a los politicos les parece poco castigo: haber cambiado la ley, lo que no podemos es inventarnos normas a posteriori (Principio de legalidad y Estado de Derecho).

2. Nuestro ordenamiento juridico defiende la pena no como venganza sino con un fin utilitarista de rehabilitación social, etc.

Por eses y otros motivos razonados conforme a derecho, el Tribunal Supremo rebajó la pena (desproporcional) que la Audiencia Nacional le había impuesto por un delito de amenazas. Ya que o podemos darle a esas declaraciones más valor del que tienen por muy criminal que sea el que las haga, sobretodo cuando ya había cumplido su condena. La AN se olvidó de algo que se aprende en 1º de carrera: el principio "ne bis in idem", no juzgar dos veces por lo mismo.

Si no se le desenchufó como proponía ghiño es porque el derecho a la vida es un derecho fundamental del más alto rango, y por lo tanto indisponible para el sujeto. Uno no puede hacer con su vida todo lo que quiera: venderla por ejemplo, o matarse. (Prohibición de la eutanasia).



Case sempre é moi triste ver a Lei que temos, pero é o que hai...