sexta-feira, 9 de março de 2007

Preguntándolle ó mencer

hoxe disipei as dúbidas sobre o mencer... hoxe xa sei por onde sae e por onde se pon o sol. É triste, pero a realidade dos feitos non e outra. O sol sae polo E-NE até poñerse no O-NO. Decateime a tempo, pois de tanta exposición o sol podería terme queimado.

Durante meses soñei cun sol "patasparriba", diferente, especial, pero á vez moi simple, sen embargo cando hoxe divisei o solpor entendín a dificultade de cambiar algo que leva moito tempo pasando do mesmo xeito, polo menos dende que o universo é así e a terra formouse.

"No puedo cambiar la dirección del viento, pero sí ajustar mis velas para llegar siempre a mi destino." JAMES DEAM

Sem comentários: