domingo, 11 de março de 2007

Inspiración

Debe ser cousa da chegada da primavera, e xunto con ela os inadaptados sentímonos... non sei como definilo, unha palabra entre temerosos e abraiados. Á expectativa das cousas que podan acontecer ó longo deste 2007.

Antes de nada querería facer regresar esa inspiración que lle falta ó meu compañeiro para escribir, a todos nos pasa, e eu tamén estou na miña propia "crise de indentidade".

A inspiración... como te chega a inspiración? pois ten moi fácil resposta, calquer escritor/poeta, cando escribía, pechaba os ollos e pensaba nesa persoa que lle facía sentir coma ningunha outra. Quizais agora mesmo, nós carecemos de tal musa, ou non, ou non nos chega de todo á patata (corazón).

Lembrome agora cando me inspirei para unha historia de capítulos, vencenllando ó sexismo da sociedade e o maltrato da muller e todo o unificaba cun monte queimado, ollando dende o peirao do porto de, valga a redundancia, Porto Do Son. Naqueles momentos, nos que a miña tristura era bastante máis notable as palabras, frases e incluso poemas emanaban da miña boca coma si foran conversas calquera.

Agora, hoxe en día, preciso un día baixo, un día diferente, para poder pensar o mesmo coa mesma axilidade mental. Pero está a opción de recordar cousas pasadas, de levantar a tirita que aínda cubre o corazón e seguen a pingar gotas de sangue del, é triste pero é así.

Onte quedeime preocupado, porque unha yonki, da cal non sei o seu nome, cambiounos 4 euros por un billete de 5 porque queria conseguir 3,15 "para un taxi" e non fun capaz de deducir uqe tal cuantía xa a tiña, lioume a min, foi coma unha ostia no meu EGO. O máis triste era o tremendo callo que tiña de pincharse na mesma man...

Sem comentários: