quarta-feira, 7 de março de 2007

Contos Infantís e Películas Irreais

Pois si, he aquí unha dúbida que me carcome casi a diario, ¿por qué as películas até fai uns anos eran todas sobre cousas fantásticas ou boas -agás as bélicas- e sempre tiñan un final féliz?

Cal era o obxecto destas películas, facernos crer que a nosa vida era unha merda e que nunca chegaríamos a ter esa sorte? ou quizais concienciarnos de que podiamos ter unha vida mellor.

Sexa como fora por críticar algo, podería criticar os contos/películas Disney. Onde se viu a "Cincenta" que acababa vestida co príncipie, pero menuda utopía homiño!!! Que si que moitos dirán pois Letizia... LETIZIA MERDA que é máis pija ca filla de Amancio Ortega, agora dirán que é de pobo pq os seus avós viven nunha aldea. POLO CARALLO. e claro isto nós, vémolo cando temos 5-6-7-8 anos e crémonos que en realidade podemos ser unha das personaxes. Claro, logo chegamos a ter 15-16 anos e vemos como está o mundo e levamos unha decepción... ¿ónde se pretende chegar con estas películas? a contarlle ós nenos unha bonita historia para logo que se dean conta que a vida é todo o contrario? non sería máis sinxelo poñer unha historia na que unha "ama de casa" cásase cun "amo de casa"... Ah claro non... iso non vende... esquecíaseme que todo nesta vida basease na "pela". Pois négome a creer iso ou polo menos a aceptalo.

E coma películas irreais poderiamos citar a do "típico feo que como é tan boa persoa que a tía máis guapa do instituto/universidade/colexio fíxase nel"... Alguén dirá que non soñou con que esto fora realidade, ou qeu polo menos a tía que lle gustaba fixéralle algo de caso... polo menos que lle mirase e dixéralle ola, que o trata como unha persoa normal que é...

Que cínica é a sociedade, que cando recrea películas, as recrea dun xeito para crerse que é ela mellor ca o resto, non?

Sem comentários: