Hai xente que di que a vida da moitas voltas, e parés que si (se non que mo digan a min). Pero esas longas, longas voltas, que en vez de ser sinuosas e estreitas coma unha estrada que sube a unha montaña, cheo de bucles e rizos imposibles, son máis coma un scaletrix xigante de deseño, voltas e voltas, curvas, oitos, rampas, subidas, na cresta da onda, terrapléns, baixóns, no averno da depresión, pero coma circuito que é, o final remata coa posición de salida. Polo que chego á conclusión de que son circuitos, círculos pechados...
Porque sempre acabo en fronte túa. Xuntos.
Este venres, ti e máis eu, se cadra: FESTA!
segunda-feira, 19 de março de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário