quarta-feira, 28 de fevereiro de 2007

Preguntándome...

Estou aquí sentado, ou mellor dito, estaba aquí tumbado preguntándome moitas cousas e decidín vir aquí e expresalo contigo.

Pregúntome se o día X de este mes acórdacheste de algo, se sentiches algo especial ou se por un momento notabas que tiñas que recordar algo pero non o conseguías.

Pregúntome se calquera canción, calquera camiño ou calquera poesía recorda as miñas citas ou as nosas cousas en común.

Preguntome se cando non teñamos odio ou rencor, ou simplemente ningún sentimento positivo ou negativo, preguntarémonos que é do outro.

E se chega ese día e resulta ser que ti queres saber de min, ¿Qué farás? seguramente entrar na miña vida de novo e eu voltarei facer o mesmo pero ó revés.

Hoxe me dixeron que acabaría casado contigo. Non dixen nin que "si", nin que "non", tan só unha cara de incredulidade pasou polo meu rostro. Dificil destino o de un ser humano é coma para saber o dos dous. Gustaríame pensar que existe "eso" que che fai ir á dereita ou a esquerda.

Nos prolegómenos dunha batalla, dura e a bo seguro duradeira, o Inadaptado volve a esquecer a súas responsabilidades e recaer no sentimento, cousa que non tivera en conta durante bastante tempo.

Significa isto que o paseo que me metín hoxe serviu para desfogarme e que me volvera a "ilusión" por escribir? Si é así, TONTA, moitas gracias

domingo, 25 de fevereiro de 2007

Psicoloxía pura.

A verdade (inda que sei que non o vas ler) é que onte tiñas razón nas túas coñas: estabas preciosa.

Se ela é ELA, esta é a OUTRA.

Sabes que me custa ir falarte, e non sei o porqué, e ti poste a bailar cerca de min, eres a raíña da pista do Basic.
Fago un esforzo e póñome a falar contigo e ti, maquiavelicamente tramando, fas coma se nada, nin te sorprendes nin te alegras, pero eu ben sei que non te é/son indiferente.

E logo, cando me poño a botar fichas a unha rapaciña (desta xa falarei outro día, foi histórico xD), adicábaste a matarme coa mirada e cos teus puti-bailes de movemento de cadeira... Non é a primeira vez que mo fas.

Eres difícil, moito, encántasme e apenas te coñezo coma persoa.
Xa eres especial. Un triunfo imposible para min... Ou iso creo.

Pero eu sei que se algún día te "capturo" vas a sacar o mellor de min.
A presa máis chunga de capturar é a que logo sábenos máis rica.

Psicoloxía pura.

sexta-feira, 23 de fevereiro de 2007

Morriña do que nunca sucedeu...

O inadaptado do Sur era feliz coa orde actual da súa vida. Ata que chegou ELA e recordoulle que a cagou ben cagada e que está a piques de perdela por non tomala en serio.
O inadaptado do Sur laméntase polo erro cometido, o inadaptado síntese mal, protesta, rexeitase, escupe contra si mesmo, enrabietase, chora, berra... O inadaptado do Sur admite o erro, erro lamentable.
O inadaptado do Sur síntese moi só e vai facer unha proclama.
TeRMi di a todos vós que nunca vos quededes coa dúbida do que podería ser, que nunca deixes de estar con esa rapaza por medo a perda da liberdade, que a que vale a pena farache libre e forte, non feble e cautivo.
Se lle queres preguntar se te quere, se lle queres dicir que si, non teñas medo nin indecisión si ela é ELA todo irá ben, se non pois non vale a pena.


No hay nostalgia peor que añorar lo que nunca jamás sucedió
Joaquín Sabina - Con la frente marchita


quinta-feira, 22 de fevereiro de 2007

Acatar Ou Non

O Inadaptado do norte agarda a chegada das clases -outra vez- para ver se xurdiu efecto ou certo efecto o seu plan.

As noticias pouco alentadoras da véspera anterior fan que na súa cabeza haxa un debate ¿Acatar ou non acatar? esa é a cuestión.

Se o Inadaptado acata a decisión, caerá no lado escuro da sociedade, no "normalismo" e porase no límite entre o inadaptado e o adaptado. Pola contra se o Inadaptado non acata a decisión, verase reforzada a súa teoría triste sobre a sociedade, máis saíra outra vez victorioso.

Cada decisión ten unha parte boa e outra mala. A vida está chea de decisións pero unha coma esta non se toma tódolos días. É posible que ante min teña dúas portas que leven a dous caminos totalmente diverxente, ou se cadra estes vólvense atopar máis adiante.

Nos momentos de crise de identidade un busca achegarse ó máis fácil para poder subsistir, espero pois non caer na tentación disto e alonxarme.

Que a forza inadaptada me acompañe....

quarta-feira, 21 de fevereiro de 2007

Entroido e outras costumes

Despois da saída momentanea durante X horas do meu compañeiro Inadaptado, hoxe eu fago unha reflexión acerca do entroido.

Entroido (como din os da galega) Carnaval (coma din os de la coru) Antroido (como soa en moitos lares do país), dícese de aquela festa na que a xente disfrázase por un día, unha semana, un tempo de calquera cousa que atopa. Pouco a pouco os chamados disfraces foron evolucionando ata o paso de chegar a verdadeiras inxenialidades.

E agora pregúntome eu, ¿Por qué se lle da unha vena machista a tal celebración? si si, como escoitan. Cal é un dis disfraces máis escollidos polo home? A MULLER, a muller en si mesma. Póñense unha falda, o rimel, o pintalabios e o recheo nos peitos e ala, a facer de muller, menudo sacrilegio.

Agóchase tras isto xustificar os impulsos homosexuais que poden brotar nunha noite de troula. É moito máis fácil tocarse, abrazarse e até incluso bicarse cando hai un disfraz de por medio.

Pois xa sei que comparacións son odiosas, pero non hai moita diferenza entre isto e un verdugo. O verdugo tapaba a súa identidade e cometía un crime, matar a unha persoa, pero tiña unha careta que o liberaba. O ser humano aproveita o entroido para porse a careta e facer iso qeu ten vergonza de facer noutras ocasións, moi triste, pero eficaz.

E como diciamos antes, todo machista, porque cantas mulleres hai que se disfrazan de homes? como diría Groucho "Con los dedos de la mano se pueden contar, mi buena mujer". Hai machismo até nas festas máis tradicionais. Estou seguro de qeu se unha tía se vestira de home sería criticadísima -aínda que seguro que as houbo- o cal amosa a teoría machista do ser humano.

¿É tan importante o que dirán, que precisamos agocharnos tras unha careta para facer algo que está "fora da norma"? Pois que triste

terça-feira, 20 de fevereiro de 2007

Queimando

Un cinéfilo no lo es cada segundo, un artista no es continuamente un artista, un gangster no lo es siempre, una mujer seductora no lo es en todo momento.
(Nacho Vigalondo)


Un inadaptado tampouco o é sempre, hoxe imos socializar e bailar o último hit dos 40principales, filtrear con pijas e de todo. Hoxe tócame por a vestimenta de caza, cargar a arma e ouvear para atraer a presa. NOITE PRA QUEIMAR A PISTA! GRRRR!

:D Saúdos!

segunda-feira, 19 de fevereiro de 2007

Nós, os inadaptados. Un pouco de historia.

En 1930, na revista Nós, aparece un ensaio de Vicente Risco, ese ensaio desenvolve o camiño intelectual seguido por un grupo de homes. Explícanos como chegaron ó compromiso coa súa terra desde o individualismo radical.

Así pois, estes homes, no comezo, eran os vencidos, traballaban e vivían a contracorrente. Unha especie de elite inconformista e autodidacta. E foron a ver mundo, á procura de si mesmos nalgunha zona e/ou cultura, procuraban o exótico, o descoñecido, e o final atoparonno onde menos o esperaban e onde máis lóxico era: na súa terra. A súa esencia estaba estaba ahí: na cultura galega.

E foi coma, estes homes desencantados coa sociedade, pasaron do radicalismo individual ó amor pola súa cultura.

Este ensaio "complétase" con Dos nosos tempos de Florentino López Cuevillas e a novela Arredor de si, de Otero Pedrayo.

É Por Ti

Hoxe o post vai por ti, si si, por ti, va que non o imaxinabas? a que non sabes a razón? ti és a razón de que me levante tódolos días, cunha boa cara ou cunha peor, pero ti fas que me levante.

Ti... non sei onde nos coñecimos, ou mellor dito non m´acorda onde foi, nin hai canto, pero de verdade estou moi agradecido porque sen ti non sería capaz de estar onde estou agora mesmo, sentado escribindo pra ti. De feito, ti és o motivo de que estea sentado aquí, polo que podemos decir que agora mesmo ti decidiches que eu escriba isto.

Ti... onde te metes ultimamente? é que non se che ve o pelo, pero sigue influindo en min como o primeiro día. Recordas? que gran día foi ese, ese día que decidiches por min que non tiñamos que ir ó cine, senon á praia, acórdaste?

Eu... non podo deixar de cal será a proxima decisión que tome gracias a ti, quizais chamarte por teléfono, inda que posiblemente non me collas, pero che mandarei unha mensaxe que seguro que a verás.

Ó proximo bar onde vaia, pensarei en ti nada máis pase da porta mirarei a primeira botella que atopen os meus ollos e pedirei un trago diso, tan só por ti, por ninguén máis, debes sentirte con moita fortuna.

Hai unha canción que di "se tivera que escoller eu non sei que escollería". Escolle ti por min e dime que teño que facer, porque estou nunha situación bastante caótica. Só unha vez máis, logo xa decidirei eu o que teño que facer, ou non...

Parece mentira o tempo que pasou dende que xurei que non me cría o que ti dicías e repetías con case toda a xente, parece mentira cando dixen "de este agua no beberé" e agora que estou de xeonllos pedindo clemencia e axuda unha vez máis.

Onde queres falar comigo pra axudarme? na túa habitación? na miña? a min dame igual, pero faino xa. xa sabes cal é o meu mobil, aínda que dubido que o empregues pra algo nada máis que pra mofarte unha vez máis polas crueis consecuencias dos meus actos.

DECIDE XA, ou seguramente tomarei unha decisión equivocada, dime algo

sábado, 17 de fevereiro de 2007

Horas Perdidas

Frustracións, quizais esta sexa a palabra ou a "cousa" da vida que máis me fastidie. Pensar que un día podo chegar a pensar que todo o que fixen foi unha tontería créame unha situación de ira contenible pero que me leva a pensar incluso na astroloxía como posible saída.

Dende fai moito tempo xa estou canso de levar decepcións e esta última foi moi grave. Francamente pegoume moi forte, foi un golpe que me deixou K.O, sen posible resposta. Confianza, a vida resúmese en confiar nos teus, confiarlle cousas ou mesmo, confiarlle confianza, "valga la redundancia".

O inadaptado procura atopar esa persoa coa que pode confidentarse, contarlle todo e incluso como non, chegar a ser raiante. Neste caso, a tiña, confiara nela pero... :(

Son unha fonte da que brotan ideais moi bruscos, moitos inconcebibles para a sociedade actual, pero son os meus ideais. Aqueles que me levaron a escribir esto, aqueles que me levaron a estar onde estou, nin máis arriba nin máis abaixo.

Busco horas perdidas para que sexan aproveitadas en pensamentos. Negativos, positivos, qué máis dará!! a cousa e exercitar a mente que para algo a temos.

No corazón deste inadaptado hai unha batalla moi forte que inda comezou hai pouco. Os pilares do caracter inadaptado vense atacados pola simpatía e a "sencillez" da risa, vense rodeados e até por momentos semellan tambalearse. A Risa tenos que admitir ou simplemente deixará de rir cando me mire.

quarta-feira, 14 de fevereiro de 2007

Outro día non especial

Hoxe os inadaptados estamos de noraboa, non temos absolutamente nada que celebrar e iso fainos especiais.

Que si, que xa o sabemos, hoxe é san valentin e do único quizais que me lembro é do meu avó (dios o teña na gloria) que tiña Valentín de segundo nome. A partires de aquí, máis nada.

Non podemos negar os inadaptados por contra as posible lembranzas de cando formabamos parte da sociedade, de cando pra nós hoxe era un día de festa, cando tiñamos unha persoa á quen decir "quérote", que xa que estamos, que mal soa "quérote", pra decir isto, case queda mellor "ódiote".

Bueno o importante dun día coma hoxe é que che devolvan o saúdo, vamos, que te contesten coas mesmas palabras. Eu teño unha longa lista de xente á que lle podería decir quérote, dende amigos, pasando por amigas, pasando por animáis e chegan incluso a paises, nacións, e obxectos de valor.

Pero hoxe San Valentín vai especialmente para o meu compañeiro, o meu socio e o meu amigo Termi, quérote tio!

domingo, 11 de fevereiro de 2007

Ollos Denostados

Ela vístese de negro outra vez namentres eu observo dende o meu balcón como volve a caer no mesmo. Un papel de prata, un mechero, e volve a rodear de negro a súa vida. Coma un espectador nun concerto síntome partícipe dela non impedindo tal acción. Ela volve pra casa, eu a vexo, practicamente non é quen de dar un paso. Os seus ollos que foron denostados e demacrados por ese ser que lle deu a primeira papelina. Non fala con ninguén e apenas se lle coñecen amig@s, se ben algún que outro camello que lle colma as súas necesidades sexuais e pouco máis.

Sen rumbo, sen vida cotidiana, coa prata queimada no salón da súa casa, e eu sigo vendo pola miña terraza como se escoita zoar o vento, que semella un pequeno lamento sen moita distorsión, "Que che pasou muller para estar así?"

Ela era aficionada á pintura non moito atrás. As paisaxes que pintou noutro tempo con montañas nevadas e lindos prados deixan paso a figuras deformes dignas de verdadeiros rompecabezas que ocultan as máis escuras accións do ser humano.

O futuro non é outro que a lápida, o R.I.P, xa que hai veces que cando unha persoa non quere vivir, e mellor non estropear a visión que unha persoa pode ter dende un balcón dunha casa.

sábado, 10 de fevereiro de 2007

Moita xente

Moita xente quere e non pode.
Moita xente pode e non arrisca.
Moita xente arrisca e non gaña.
Moita xente gaña e non vive.
Moita xente vive e non berra.
Moita xente berra e "convive".
Moita xente convive e non se soporta.
Moita xente soporta e non loita.
Moita xente loitan e morren.
Moita xente morren e non queren.
Moita xente quere e non pode.

quinta-feira, 8 de fevereiro de 2007

As Previas Dos Exames

Como inadaptado que son, as miñas previas distan moito do normal pra o resto da xente mortal. Aproximadamente hoxe lin un pouco todo e tentei memorizar as cousas que levo peor. Non sei que nota sacarei, é máis non sei se aprobarei, pero non espero sacar un 8 nin 9, todo depende coma sempre do que caia no exame -Turgalicia, Turismo Rural...-.

A reacción básica ante unha situación semellante a esta é o nerviosismo. A miña mente inadaptada hoxe está máis tranquila que nunca, xa que nunca me poño nervioso ante unha situación así.

Por qué un corpo ponse nervioso ante calquera situacion? cal é o obxectivo deste reacción? estar alerta ante calquera imprevisto? significa isto que eu non estou alerta e pódome dar cos fuciños na parede???

terça-feira, 6 de fevereiro de 2007

Como empregar un paraugas

Hoxe despois do xantar puxen rumbo a clase, son aproximadamente 10 minutos andando, ou coma digo eu 2 cancions e media no mp3. Cando saín da casa a penas caían catro gotas, pero a cousa foi increscendo até chegar a puntos que era bastante forte. Na miña man esquerda, a miña carpeta (ou cartafol se o preferides), na miña man dereita, nada, que non levaba paraugas vamos. Unha persoa sen paraugas digamos que vai tentanto atopar os sitios por onde chegará máis seco ó seu destino. Uns soportais ou unha fachada sobresaínte dun edificio chegan pra escapar das chuvia que a cotío visitan o noso país.

E agora aquí chega o grave. ¿qué pasa cos que levan ese utensilio que serve pra parar as gotas? iso que chamamos paraugas? que pasa con esa xente? deberían ter libertade de movementos, sempre e cando o vento non fora moi forte. POIS NOOOOOOOOON teñen que ir pola cornisa coma a xente que non ten con que cubrirse, e inda por riba se coincides con eles, teste que apartar ti!!! Deberíanlle poñer multas a xente que con paraugas vai polos sitios onde non chove. Tampouco digo que os botemos ás piscinas, pero que teñan un pouco de consideración, eu cando o levo vou polo medio da acera.

O peor e si te toca unha destas señoras que protestan por todo.... ahí é cando pides que cando voltes a casa, non chova.

domingo, 4 de fevereiro de 2007

Goon in the moon

As cousas non se solucionan bebendo, bueno se tes sede pois si. Pero eu non me refiro a iso senón a problemas de verdade. Isto non é Leaving Las Vegas, nin falta que fai.

sábado, 3 de fevereiro de 2007

1º Cabodeano

Bueno, pois hoxe xusto e a estas horas hai xusto 365 días entraba a traballar por primeira vez como "mozo de almacen" no peirao da coruña, no muelle onde está RENFE na nave de GADIS/HALEY. A verdade é que non lembro que me decidiu por coller este traballo, pero sei que aínda teño uns aforros gracias a este esforzo. Por aquel entonces, a miña vida era completamente anti-social, vivía de noite (traballando) e durmía de día, facía unha ou dúas comidas ó día (depende do cansado que estivera) e dábame unha ou dúas duchas diarias (polo cheiro a peixe que traia). Traballaba dende a madrugada do martes á madrugada do sábado de 3.30 a 8.30 da mañá (iso poñía no contrato) e un día cheguei ás 9 a casa -ía andando ó traballo- pero un día cheguei coma tope ás 12.30, toma catro horazas extras!!!

A merda de soldo que me pagaron non chega pra curar ó "acoso" laboral ó que fun sometido moitas veces. Que xente sen dous dedos de frente che empuxe e amenace pra que vaias máis rápido poque "si no, llevo yo la bronca, neno" era moi frustrante, pero claro dille ti algo, que tendo contrato en prácticas vas á puta rúa sen cobrar.

A frustración non acababa aquí. Despois de atender pedidos sen parar, 20 kg de Merlucilla País á que lle poñían o alcume de "país" pra abreviar ou ós 50 kg de "palometa negra" xunto con moitos peixes máis, coma o gallito, meiga, gallo, terciada, salmón, solla, etc... daba paso ó xefe a mandar a todo o mundo recoller todo. A partir de aquí tiñas dúas posiblidades:

A) Os pedidos remataban sobre as 8 AM e se tiñas a sorte de non facer moitas horas "extras" só estabas até as 9-9,30 recollendo a merda (peixes, tripas, plasticos...)

B) Quedarte até recoller os carritos nos que ás 5-6-7 AM meteras os pedidos.

Por desgracia case sempre tiven que facer a opción "B"...

Se a impotencia sufrida facendo pedidos e tendo as mans conxeladas, os beizos partidos e todo o corpo entumecido e con tirons, recollendo a merda aínda máis. Por que digo isto? porque amin tocábame limpar as caixas

A máquina de caixas: era coma un autolavado de coches, ti metias a caixa, o xabón na auga e a maquina botábache a caixiña despois. Semella fácil e nada complicado, máis cando vas pola caixa número 1560 cansa. que si que si... que un día conteinas, 1560 caixas limpei ata ás 11.30 cando as rematei, en 4 horas de traballo 1560 caixas, fagan o cálculo... Cal foi a miña sorpresa cando xa me ía a cambiar, mallado e díxome o encargado "ehhh amigo donde vas amigo, lo has hecho muy lento, vete a recoger carritos" a túa nai cabron!!!! por suposto este berro foi reprimido. As ganas de chorar e de acabar con todo sempre as recordarei. Mentres recollía os carros pensaba na miña vida e onde podería estar a esas horas... probablemente almorzando.

A despedida, no meu último día non foi nada especial, non foi un "que che vaia ben". Só había un par de tios amables, aqueles que si che falaban, aqueles que che facían bromas e que se tomaban a vida con humor. A ese vailles adicado este post. O certo e que non me lembro dos nomes, pero si das caras. Hai pouco estiven cun deles na voda da miña prima, moi boa xente

quinta-feira, 1 de fevereiro de 2007

Xente Insociable

Pois si, resulta que entre as xentes do mundo agóchase unha "tribu" de xente a-normal. Hai que deixar claros os termos, Os inadaptados non estamos fora da sociedade, simplemente a valoración de nós mesmos está por riba de calquera palabra que lle podamos poñer á xente.

Seguindo coa xente insociable, estas persoas podémolas atopar en tódolos rangos da sociedade, dende os probes que piden pola rúa, até o máximo dirixente da primeira potencia mundial -que aproveito pra decir que é un inútil, ademáis dun asasino- todos podemos ser partícipes deste distinguido "clan".

¿cómo distinguir a xente normal entre a maleza? moi fácil, vaian a un aula nun día de clases. Aqueles apartados do grupo, aqueles que queren ter clase por riba de todo, aqueles que prefiren ter clase a facer unha folga por calquera cousa, eses son os insociables.

Os inadaptados condenamos esta actitude por riba de todo e clamamos contra unha sociedade plural, con ideas diferentes pero nunca superiores unhas a outras. Falamos dun mundo itinerante pero igual, sen seres superiores, sen xente creída e outra acomplexada.

Nesta vida non hai nada igual, é o que non é igual, fainos diferentes, pero a diferencia é o que nos fai humanos.

Xente que vai e ven (outros quédanse ;) ).

People come and people go
But your touch cuts me deeper
And still it grows at the center
I will always remember
Years gone by
Seems like you're still here
Every night in my dreams
You remind me with kisses so tender
I will always remember

Never been one to give my heart up so easily
But now you're gone wish I'd given my heart completely
In the touch of a stranger I can feel you
In the eyes of a child I see your face
Your hold on my soul
Keeps me from danger
No matter how hard I try
These memories I can't erase

People come and people go
But your touch cuts me deeper
And still it grows at the center
I will always remember
Years gone by
Seems like you're still here
Every night in my dreams
You remind me with kisses so tender
I will always remember

In the brush of a stranger I can feel you
In the eyes of a child I see your face
Your hold on my soul
Keeps me from danger
No matter how hard I try
These memories I can't replace

David Guetta - People come, people go.