domingo, 28 de janeiro de 2007

Solteiros

Está agora mesmo soando Bachelorette de Bjork. Curiosamente entereime recentemente de que o título e a canción falan da soltería. Curiosamente tamén os inadaptados temos a capacidade de seren solteiros case case de por vida.

Ben é certo que temos esas persoas que posiblemente nunca saberán de que xeito as temos no noso corazón -que por certo é moi grande e ten amor para moitas mulleres de aquí e de alá-.

Deberianos de pagar por esta ben prezada por algúns "soltería". Estaría ben que se lle pagara unha pequena cuota ós inadaptados ó amor, poque as penas con pan, sonche menos penas. O certo e que non se pode encher o corazón con cartos, pero algo axuda, non si?

pero bueno, un día atoparei un libro na rúa, tera milleiros de páxina máis non habera ningunha escrita. Ese libro será a historia da miña vida e serei capaz de escribilo eu de porlle o broche de ouro e de escribir con letras grandes e en maiusculas que son un prezado inadaptado dos dous que hai no mundo mundial.

1 comentário:

TeRMi disse...

O corazón non se enche con cartos, pero adornan. xD