sábado, 27 de janeiro de 2007

Nacidos para perder

Nacidos para perder, así rezarán os nosos epitafios... Porque ninguén confía en nós, ninguén nos sigue, non temos carisma pero polo menos poñémoslle ganas, perdedores si pero loitadores tamén, nunca gañaremos a Liga pero ahí estamos dando a machada contra os grandes, factor sorpresa dirán uns, sorte dirán os outros pero nós sabemos que non é así, nós temos sangue de loitadores nas nosas venas. E inda que nacimos para perder, debedes ternos en conta, eres ti John Wayne ou o son eu?, máis vale que non nos infravaloredes, algún día gañaremos, xa o fixemos, repetiremos e ahí estaremos para roubarte a moza ou que cadre porque nós, nós somos os inadaptados.


TeRMi

1 comentário:

Isidro disse...

Eu diría que a parte de ser todo o que dixeches un pequeno matiz. Nós non teremos o carisma de outros... pero a persoa máis rica do mundo ende xamais poderá mercar a nosa personalidade, iso que nos fai único e irrepetibles. Temos a característica propia de autenticidade de pringaos, de frikis que escriben a altas horas da madrugada cando a meirande parte da xente fai outras cousas pero podemos presumir de que é NOSO e non calquer factor de emulación que tanto hai polo mundo.