sábado, 3 de fevereiro de 2007

1º Cabodeano

Bueno, pois hoxe xusto e a estas horas hai xusto 365 días entraba a traballar por primeira vez como "mozo de almacen" no peirao da coruña, no muelle onde está RENFE na nave de GADIS/HALEY. A verdade é que non lembro que me decidiu por coller este traballo, pero sei que aínda teño uns aforros gracias a este esforzo. Por aquel entonces, a miña vida era completamente anti-social, vivía de noite (traballando) e durmía de día, facía unha ou dúas comidas ó día (depende do cansado que estivera) e dábame unha ou dúas duchas diarias (polo cheiro a peixe que traia). Traballaba dende a madrugada do martes á madrugada do sábado de 3.30 a 8.30 da mañá (iso poñía no contrato) e un día cheguei ás 9 a casa -ía andando ó traballo- pero un día cheguei coma tope ás 12.30, toma catro horazas extras!!!

A merda de soldo que me pagaron non chega pra curar ó "acoso" laboral ó que fun sometido moitas veces. Que xente sen dous dedos de frente che empuxe e amenace pra que vaias máis rápido poque "si no, llevo yo la bronca, neno" era moi frustrante, pero claro dille ti algo, que tendo contrato en prácticas vas á puta rúa sen cobrar.

A frustración non acababa aquí. Despois de atender pedidos sen parar, 20 kg de Merlucilla País á que lle poñían o alcume de "país" pra abreviar ou ós 50 kg de "palometa negra" xunto con moitos peixes máis, coma o gallito, meiga, gallo, terciada, salmón, solla, etc... daba paso ó xefe a mandar a todo o mundo recoller todo. A partir de aquí tiñas dúas posiblidades:

A) Os pedidos remataban sobre as 8 AM e se tiñas a sorte de non facer moitas horas "extras" só estabas até as 9-9,30 recollendo a merda (peixes, tripas, plasticos...)

B) Quedarte até recoller os carritos nos que ás 5-6-7 AM meteras os pedidos.

Por desgracia case sempre tiven que facer a opción "B"...

Se a impotencia sufrida facendo pedidos e tendo as mans conxeladas, os beizos partidos e todo o corpo entumecido e con tirons, recollendo a merda aínda máis. Por que digo isto? porque amin tocábame limpar as caixas

A máquina de caixas: era coma un autolavado de coches, ti metias a caixa, o xabón na auga e a maquina botábache a caixiña despois. Semella fácil e nada complicado, máis cando vas pola caixa número 1560 cansa. que si que si... que un día conteinas, 1560 caixas limpei ata ás 11.30 cando as rematei, en 4 horas de traballo 1560 caixas, fagan o cálculo... Cal foi a miña sorpresa cando xa me ía a cambiar, mallado e díxome o encargado "ehhh amigo donde vas amigo, lo has hecho muy lento, vete a recoger carritos" a túa nai cabron!!!! por suposto este berro foi reprimido. As ganas de chorar e de acabar con todo sempre as recordarei. Mentres recollía os carros pensaba na miña vida e onde podería estar a esas horas... probablemente almorzando.

A despedida, no meu último día non foi nada especial, non foi un "que che vaia ben". Só había un par de tios amables, aqueles que si che falaban, aqueles que che facían bromas e que se tomaban a vida con humor. A ese vailles adicado este post. O certo e que non me lembro dos nomes, pero si das caras. Hai pouco estiven cun deles na voda da miña prima, moi boa xente

1 comentário:

Unknown disse...

Ti polo menos tiñas esa máquina é peor lavalas coa mangueira! :D

(Son TeRMi)