domingo, 22 de abril de 2007

Os momentos

A vida son rachas que só hai que saber sobrelevalas e interpretalas axeitadamente. Un, que sempre se atopa na táboa de clasificación máis na zona de abaixo que na dos campeóns, ten que saber darlle a cada cousa o seu valor e importancia, non é cuestión de que todo che importe unha merda, pero si de saber como tomarse un as cousas. Por que se non podes rematar tolo de todo.

Sei agora como tomarme ben as cousas, por iso estou nun momento doce, problemas sigo tendo pero amargandome non arranxo nada.

Mellor persoa, Isidro? Nós somos donos dos nosos actos. Nós facemos accións que falan por nós e que din como somos. Non sabes como serás? Depende de se sabes ter control e dominio sobre ti.

1 comentário:

Alejandro disse...

Más que dominio: imperium.