Despois de unha semana de relax nas terras lusas, procuro recuperar o estado inadaptado de sempre.
É certo, isto xa non é o mesmo que era antes, pero cando os proxectos se inician sempre teño a ilusión de non porlles data da fin. Polo momento isto sigue indo para adiante, e temos que reurnirnos Termi, xa sabes onde, o cando é "muito difícil" decilo.
Rios, vin pasar milleiros de rios de norte a sur, e todos levaban a mesma dirección, todos me levaban ó teu recordo, á túa cara, ó teu sorriso. Todos procuraban atopar o momento para deterse ante o meu paso e dedicarme un "ela non pensa en ti".
Naquel momento perdido na Serra do Geres (agora non me lembro se leva acento grave ou agudo...) sentinme libre, porque por unha vez ninguén decidía o meu camiño, mellor dito, non o había e iso fíxome sentir radiante. Atoparme coa humanidade foi un grande contraste que jodeu moito todo.
Quod non me necat, fortiorem me reddit, dixen
sexta-feira, 6 de abril de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Asento grave e practicamente "imposível" (xDDD) que leve ;).
perdón!
Enviar um comentário