sábado, 21 de abril de 2007

Mal Momento

U-lo Isidro que escribía a cotío neste blog?

Alégrome moito, compañeiro inadaptado o teu bo momento que estas a vivir. Pola miña parte, semella que non levanto cabeza. Deambulo dun lado a outro e o peor de todo é que sempre sei onde vou rematar, nun vaso de cubata, nunha noite de insomnio, nunha dose de ansiolíticos...

Certo é que cando a xente está mal coma ben decías, saca o mellor de si mesmo, o que poderíamos chamar case un "espírito de supervivencia" entre comiñas xa que hai que matizar. Acórdome agora unha anécdota de clase, hai moitos anos, por aquelas gastaba 12 anos ou así, foi a primeira vez que me influiu ese espirito para lograr algo que non imaxinei (facer marcas dignas de Carl Lewis). De cando en vez cando todo está na contra, volvía a min para sacarme do atolladero onde me metera.

Pero esta benquerido amigo é unha historia moi diferente. É un ciclo, o can que persigue o rabo, a pescada que morde a cola, morder a man que che da de comer... Jodido Termi, moi jodido.

Se me deran a escoller, eu non sei que escolleria, irme á merda de noite, ou coa luz dun novo día (é algo plagio do Vivir Na Coruña xD).



p.d: O que non me matou Termi, farame máis forte, pero non sei se mellor persoa...

Sem comentários: