En 1824, Ludwig van Beethoven estábase a quedar sordo, morreralle o irmán e non conseguiu casarse co amor da súa vida. Tamén fixo a Novena.
No 36, Miguel de Unamuno estaba vivindo anos duros na Universidade de Salamanca, ademais estalou a Guerra Civil Española, nun dos peores momentos soltou frases tan memorables coma aquel "Venceréis, pero no convenceréis".
Igual de triste, tamén pasandoo mal, estaba Picasso e un ano despois (1937), antes de deixar España, pintou o Guernica.
Stanley Kubrick tiña unha filosofía propia nos seus films, xiraba en torno á loita dun antiheróe no seu enfrontamento co mundo, e a súa derrota final. Seguramente nos seus protagonistas, que viviron iso, había moito autobiográfico. Nun momentos triste e tamén con ira e crispación e sempre sen deixar de lado esta filosofía. Kubrick rodou Full Metal Jacket (1987). A Chaqueta Metálica. Película que o consagrou (aínda máis) como xenial cineasta e de culto.
Dise que en 1987, cando Freddie Mercury colleu o SIDA, contóullo á banda (Queen) e neses momentos de dor compúxose, con Brian May, a canción Show Must Go On. O espéctaculo debe seguir, debe seguir a pesar de todo, xa que a súa verdadeira vida era a música, sairía á venda en 1991. Un ano antes da morte de F. Mercury por esa enfermidade.
Parece que nos momentos máis tristes, ou nos peores momentos, dáselle mellor a xente crear algo, sacar o mellor de cada un.
Eu estou vivindo unha longa tempada moi moi feliz, quizais por iso meu blog perdese a pouca calidade que tiña.
E iso non me importa se eu estou ben, e se teño a quen teño que ter cerca de min.
Porque la ficha nunca muere...
P.D: Isidro onde andas?
quinta-feira, 19 de abril de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário