domingo, 28 de janeiro de 2007

Amor de inverno

Puxéchesme entre a espada e a parede, eu quería fuxir e escollín a espada... E sangramos, xuntos, outra vez. Querías algo formal pero as cousas cambiaron, nada é para sempre, que triste pero que certo.

Non sei se fixen ben ou mal pero perdín moita da confianza que tiña en ti e non podía, inda que o desexaba. Es tan guapa que a veces lévasme polo camiño que queres, tan carismática que case nunca che digo non... Pero creo que este ciclo acabouse xa fai uns anos.

Unha mágoa.

Sempre recordarei que fixeches que os meus dezaseis anos foran unha das épocas máis marabillosas da miña vida. E inda que non sexa do mesmo do xeito sígoche querendo.

Gustaríame cerrar este post cun "Sempre teu"

Pero non podo.

2 comentários:

Isidro disse...

polo menos non dis "entre la espalda y la pared" como dixo o "profesor de lingüistica" Caneda xD

TeRMi disse...

Iso é pataca minuta.