As cousas acaban como comezan, cun sentimento de rareza, estraño, diverxente, utópico, luminoso...
O ciclo en tódolos sentidos chega a súa fin, unha vez máis, pero agora a sartén polo mango a teño eu, espero. Levo moito tempo sen escribir, sinto non facelo máis a cabeza non me da máis dende hai certo tempo.
O curso, as redaccións "obrigatorias" máis ou menos semanais e demais cousas réstanme a vontade de deixar unhas palabriñas aquí. Que conste que houbo xente que me pediu que volvese a escribir e todo.
Cada día que pasa vexo como se achega a porta do meu destino máis próximo. É coma estar achegándose a unha montaña que sabes que vas ter que subir, ACOJONA.
Esperemos que a porta estea aberta, porque se non, cantarei iso de "y estará cerrado y bla bla bla bla pa pa ra pa pa, na na na, la la ra la, bla bla bla bla ah na ra na ra". :-)
quinta-feira, 10 de maio de 2007
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Entrei no blog coa intención de falar sobre que isto íase morrendo e atopeime co teu post, casualidades, en fin teremolo que reanimar...
Enviar um comentário